top of page
  • Facebook Sociální Icon
  • Instagram

SÍGUENOS

RESTAURANTE Y BAR

RESTAURANTE E BAR

Pták.png
ACTIVIDADES

Como servizo complementario á experiencia de desfrutar na praia, poñemos á súa disposición unha oferta de bar e restaurante cunha ampla variedade en bebidas e comidas para calquera momento do día, as cales se poden degusta nas nosas terrazas ou poden ser solicitadas en envases axeitados para consumir na praia. Playa Dorada contribúe co medio ambiente sendo un entorno libre de plásticos.

 

DORADA BAR

No extremo leste, e situado sobre o brazo protector da praia, atópase o DORADA, cunha ampla terraza onde ofrecemos un servizo de bar, sándwichs, bocadillos e pizzas. Grazas á súa orientación e privilexiada localización, poderá gozar de espectaculares vistas á praia durante o día e deleitarse cos fermosos atardeceres e solpores.

 

NAUTICA BAR

Nun pequeno promontorio rochoso no extremo oeste da praia e cunha terraza hexagonal, o NÁUTICA ofrece un servizo de bar, sándwichs e entremeses para acompañar as privilexiadas vistas sobre o mar e a zona de actividades náuticas de ocio e deportivas.

 

RESTAURANTE PLAYA DORADA

No centro da praia, cunha ampla terraza con vistas panorámicas sobre o mar, Isla de Lobos e Fuerteventura, o PLAYA DORADA ofrece un servizo continuado de restaurante, cafetaría e bar axeitado ás demandas dos clientes que nos visitan nos diferentes momentos do día. Á tardiña, a terraza transfórmase ofrecendo unha gran variedade de cócteles e tapas nun ambiente musical tranquilo e relaxado, desfrutando das vistas nocturnas.

ACTIVIDADES

Pta%CC%81k_edited.png

Para mellorar a estancia na praia, poñemos a disposición dos nosos clientes servizos e actividades que permiten sacar proveito, como mellor o consideren, do seu tempo na praia:

ALUGUER DE HAMACAS E PARASOIS

Zona reservada e tranquila para tomar o sol, ler, escoitar música ou simplemente sentir a brisa mariña ou deitarse baixo un parasol.

 

ACTIVIDADES NÁUTICAS

Pensadas para aqueles que desexen realizar actividades de ocio e deportivas na auga.

 

ALUGUER DE MOTOS ACUÁTICAS

Para practicar e experimentar a velocidade dunha moto acuática nun circuíto acoutado e controlado polos monitores. Pódese practicar en solitario ou en parella.

ALUGUER DE PATÍNS ACUÁTICOS OU KAIAKS

Para pasear pedaleando dúas ou máis persoas nun patín, ou remando individualmente ou acompañado nun kaiak pola zona reservada a embarcacións e polo exterior da praia.

PASEOS DIVERTIDOS EN BANANA SKI-BUS OU DÓNUT

Para entreterse en grupo, remolcados por unha embarcación dirixida polo monitor, tanto a BANANA como o DÓNUT son unha experiencia inesquecíbel na que se combinan velocidade, xiros e caídas á auga controladas, nun paseo polo exterior da praia e zonas lindeiras.

HISTORIA

HISTORIA

Pták.png

Playa Dorada foi construída entre 1988 e 1990, contribuíndo na consolidación do crecemento turístico de Playa Blanca xunto coa oferta hoteleira que se foi desenvolvendo ao longo destes anos. A Praia foi deseñada de xeito que a zona de baño permanecese protexida polos brazos que a delimitan, formando unha área con pouca oleaxe ideal para a práctica do baño para todos os públicos. A súa area dourada dá nome á praia.

Dende a apertura ao público en 1991 traballamos para que a estancia na Praia sexa unha experiencia satisfactoria e inesquecíbel.

 

Playa Dorada dispón de servizos de vixilancia e socorrismo, así como de limpeza. Está adaptada para facilitar o acceso a persoas con dificultades de mobilidade, contando, para quen o solicite, cunha cadeira anfibia. Conta con desfibrilador conectado cos Servizos de Emerxencia do 112 e persoal capacitado para o seu uso. Dispón de tres puntos de servizo de cafetaría e bar, servizo de aluguer de hamacas e parasoles e actividades acuáticas de ocio e deportivas.

Contacto

CONTACTO

Pta%CC%81k_edited.png

info@playadoradalanzarote.com

+34 928 518 720

Playa Blanca - Yaiza - Lanzarote

Horario de funcionamento

Praia

non limitado

Alugar

hamaca: 4Є

parasol: 4Є

Restaurante Dorada

(non aceptamos reservas)

Luns - Domingo: 08:30h - 20:30h

Chiringuito Dorada

(non aceptamos reservas)

Luns - Domingo: 09:30h - 20:30h

Chiringuito Náutica

(non aceptamos reservas)

Luns - Domingo: 11:00h - 19:00h

bottom of page